Tuesday 30 de April de 2024

O Concello e o Monbús Obradoiro-Fundación Heracles promoven o baloncesto nos colexios de Ordes


 

Esta mañá os nenos e nenas de primaria dos colexios Castelao, Campomaior e O Mesón do Vento recibiron a visita de dous integrantes do Monbús Obradoiro-Fundación Heracles cos que, ademais de manter un rato de charla, tamén puideron lanzar a canastra.
O principal obxectivo é o fomento desta modalidade deportiva no ámbito da poboación estudantil ordense con idades comprendidas entre os 6 e 12 anos. Unha medida que, tanto por parte do Concello de Ordes como pola do Monbús Obradoiro-Fundación Heracles, se espera que derive na posta en marcha da actividade de baloncesto ao nivel de categorías base.
Para apoiar esta medida ata os centros escolares desprazáronse o alcalde de Ordes e as concelleiras de Deportes e Educación en funcións. Tamén estivo presente Abel Blanco, quen pasará a formar parte do equipo de Goberno nas vindeiras datas.